Conferencia de  Francisco Jesús Represas, profesor de Enfermería na Universidade de Vigo, enfermeiro no Centro de Saúde de Nigrán e experto en diabetes e nutrición

/ Decembro 23, 2020/ Noticias

“Se o equipo non funciona, o traballo non sae adiante. Cada un ten que chegar ata o límite das súas competencias para que o doente reciba o mellor tratamento posible”.

Se tivéramos que resumir a conferencia de hoxe cunha única frase impactante e cargada de saber, esta sería unha das mellores pronunciadas por Francisco Jesús Represas, profesor de Enfermería na Universidade de Vigo, enfermeiro no Centro de Saúde de Nigrán e experto en diabetes e nutrición.

O seu paso pola EFA non deixou indiferente ao alumnado do Ciclo Medio de Auxiliar de Enfermería e do segundo curso do Ciclo Medio de Panadería. Ademais de falarnos sobre o importante papel dos Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería, destacando a súa función no traballo en equipo, Francisco Jesús tamén resolveu cuestións do alumnado relacionadas coa diabetes, os protocolos de administración de dietas en diversas situacións de illamento e a importancia das mesmas no caso dos doentes afectados pola COVID-19.

Ademais, achegou información de alta relevancia sobre un tema de gran actualidade sanitaria: as vacinas COVID-19 que axiña se administrarán na nosa terra, resolvendo moitas cuestións relacionadas coa súa natureza e repercusión social.

Share this Post