Día Mundial do Pan: 16 de outubro

/ Outubro 13, 2020/ Noticias

DÍA MUNDIAL DO PAN
Masterclass de Panadería
Homenaxe a Claudio Argibay. Panadería Argibay de Porriño. 🗓 Día: Venres 16
🕙 Hora: de 10:00 a 14:00 🕑
🔔 Obradoiro e degustación
info: acancela@unefa.org
ou no 986 648 250
 
Este ano temos como protagonista do Día Mundial do pan a Claudio Argibay, da panadería Argibay unha das panaderías máis antigas do Porriño, e que elabora un pan artesanal e tradicional ademais dunha ampla variedade de produtos de panadería e pastelería. A Panadería Argibay ten un muíño propio onde moe fariñas tradicionais que se usan na elaboración dos seus produtos de “pan de lanuxe”, pans ecolóxicos e doces artesanais. Esta primeira actividade complementaria ten como obxectivo facer descubrir aos nosos novos alumnos de panadería este oficio, no que comezan os seus primeiros pasiños. E que mellor que sexa de man do noso colaborador Claudio como protagonista e como non, tamén este encontro sexa unha homenaxe á súa panadería Argibay que posicionou e gardou a tradición e o bo facer do pan galego durante varias xeracións.
Share this Post