COLABORACIÓN EXITOSA CO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES DE AS NEVES A TRAVÉS DAS ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS DESEÑADAS POLO ALUMNADO DO CFGM COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
Este traballo desenvolveuse durante varios meses no módulo Promoción da Saúde e Apoio Psicolóxico ao Doente e buscou poñer en práctica coñecementos adquiridos no módulo ao tempo que se exercía un impacto positivo no territorio, poñendo en valor a figura das persoas maiores na sociedade e celebrando o traballo das persoas que as coidan.
A colaboración entre o CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería, o Centro de Atención a Persoas Maiores de As Neves e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar foi todo un éxito.
Esta frutífera colaboración, que promove unha formacion práctica e comprometida co territorio, enmárcase no módulo Promoción da Saúde e Apoio Psicolóxico ao Doente e levouse a cabo durante os meses de abril, maio e xuño. Utilizando elementos do medio natural, levamos a cabo actividades que axudan a manter as capacidades cognitivas das persoas usuarias, traballando funcións executivas como a percepción, a memoria e a atención; favorecendo a coordinación motora, e buscando favorecer a sensación de benestar a través da estimulación multisensorial.
Esta acción deseñouse dentro do noso Proxecto Voz Natura, promovido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e coa colaboración de AgroAcuña.
@voznatura @agro.acuna @concelloasneves
https://www.igualdadebenestar.org