BENVIDOS AO CIRCO!

/ Maio 30, 2022/ Noticias

Os alumnos de 1º de Educación Infantil traballaron a psicomotricidade da forma máis creativa, levándonos ao circo.

A través desta temática tocaron aspectos da psicomotricidade como por exemplo o ton e control  postural, o control respiratorio, etc.

Non hai maneira máis divertida de achegarnos á teoría que vendo o mundo a través dos ollos dos nenos.

Gran traballo!

Share this Post