31 DE MAIO: DÍA MUNDIAL SEN TABACO

/ Maio 31, 2022/ Noticias

Hoxe é un bo día para lembrar o efecto real dos malos fumes. O alumnado de CAE decidiu facelo cun vídeo e un pequeno texto que vos deixamos a continuación para que, facendo uso da vosa liberdade, teñades na vosa man información que vos axude a tomar as vosas decisións.

O tabaquismo é o asasino en serie de máis de 8 millóns de persoas ao ano, sendo 1,2 millóns destas, vítimas do fume alleo.

Este hábito está relacionado con máis de 29 trastornos de tipo crónico (bronquite crónica, enfisema pulmonar, cancro de pulmón,  hipertensión arterial, enfermidade coronaria, accidentes  cerebrovasculares,  úlceras  gastrointestinais,  gastritis crónica, cancro de larinxe, cancro renal, cancro  bucofarínxeo…)

Non debemos esquecer o risco que supón o tabaco durante a xestación, xa que prexudica ao feto.

A súa nocividade contra o ambiente natural tamén é clara: para a fabricación dos cigarros tállanse 600 millóns de árbores, utilízanse 22 mil millóns de litros de auga e emítense 84 millóns de toneladas métricas de CO2 cada ano. Ademais, as grandes extensións  tabacaleras necesitan unha gran cantidade de produtos químicos para a súa conservación, algúns dos cales danan seriamente o ambiente.

 

Share this Post