APROXIMACIÓN AO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO (DCA) EN EFA A CANCELA
EFA A Cancela recibe á FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para unha interesante sesión sobre o DCA, impartida ao noso alumnado de CAE.
O venres 15 de marzo, o alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería desfrutou desta sesión impartida por Tania Losada Figueroa, Educadora Social de FEGADACE, na cal puideron coñecer en profundidade o DCA, as súas causas e tamén as entidades ás cales é posible dirixirse para apoiar o proceso de recuperación.
Desde EFA A Cancela agradecemos a colaboración de FEGADACE e de Tania Losada.
#FEGADACE #DCA #EFA #EFAACancela #Alento #TCAE