Aprendendo nas residencias de maiores e os centros de día

/ Decembro 14, 2021/ Noticias

O noso alumnado de Enfermería expón os seus traballos de investigación realizados durante a estancia en centros de día e residencias de maiores da nosa comarca.

Durante a primeira semana de decembro, coincidindo co regreso da súa estancia nas empresas, as nosas alumnas e alumnos do CM Coidados Auxiliares de Enfermería compartiron as experiencias vividas e os resultados obtidos no proxecto de investigación que deseñaron na clase e finalmente desenvolveron en centros de día e residencias de maiores.

Este proxecto abrangueu os contidos teóricos e prácticos dos módulos, as sesións formativas impartidas durante o trimestre, a formación en protocolo empresarial e social, así como a propia estancia e o traballo de investigación asociado a ela, culminando nunha sesión final durante a cal se acadaron conclusións comúns, poñendo en valor os aspectos constructivos e enriquecedores que aportaron todas as experiencias individuais.

Share this Post