Agradecementos polo gran éxito da VI Semana Gastrocultural

/ Maio 15, 2021/ Noticias

No día despois da clausura e vendo o gran éxito da VI Semana Gastrocultural, queremos facer unha mención especial ao noso alumnado pola súa implicación no desenvolvemento do traballo realizado:

CM de  Panadería, Repostería e Confitería que fixeron todas as pastas que degustaron os asistentes, prepararon e serviron os cafés aos relatores, limparon e recolleron para que todo estivera perfecto e se cumplira o protocolo COVID.

CS de Educación Infantil que foron uns azafatos e azafatas de luxo, pendentes de guiar aos asistentes aos asentos, facendo as labores de desinfección e supervisando en todo momento o cumprimento do protocolo COVID.

CM de Xestión Administrativa na difícil tarefa de control de luz e son así como na formulación das preguntas enviadas por todo o alumnado por Microsoft Teams.

CS de Administración e Finanzas polo deseño do tríptico utilizado para a difusión destas xornadas.

CM de TCAE pola observación do cumprimento do protocolo COVID.

Todo isto supervisado sempre polo noso profesorado e equipo da EFA A Cancela.

Sen dúbida, unha gran aprendizaxe para todo o alumnado e unha labor que sen o traballo en equipo non sería posible.

Grazas a todos!!

Share this Post