A EFA A Cancela na 23° edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2022 en Expourense
/ Novembro 9, 2022/ Noticias
A EFA A Cancela colabora co GDR Condado-Paradanta presentando o Xeodestino na 23° edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2022 en Expourense.

Do 9 ao 13 de novembro alumnos da EFA A Cancela colaborarán no stand do GDR Condado- Paradanta nas diferentes degustacións que se fan cada día en relación ás Festas Gastronómicas do Condado- Paradanta.

Hoxe, no día da inauguración, foi o requeixo e Mel de As Neves e o espumoso de Señorío de Rubiós.

Tamén os alumnos de 2° do CFGM de Xestión Administrativa visitaron Xantar para coñecer as diferentes empresas e a súa labor de Marketing na venda e presentación dos produtos e os alumnos de 2° CFGM de Panadería, Repostería e Confitería asistiron á sesión sobre “Alérxenos na Restauración”.
Haberá dúas degustacións cada día con productos da zona do GDR Condado- Paradanta elaborados polos alumnos e mestres de CFGM de Panadería, Repostería e Confitería da EFA A Cancela.