A asociación española contra o cancro visita a EFA

/ Abril 30, 2021/ Noticias

O pasado mércores 21 o alumnado do CM de Coidados Auxiliares en Enfermería puido gozar dunha interesante charla impartida por Ana, coordinadora de voluntariado e psicóloga de AECC Pontevedra, sobre diversos temas relacionados coa labor da asociación, como a súa historia, os servizos que ofrece aos pacientes oncolóxicos e a súa estrutura multidisciplinar, na cal destaca a labor de psicólogos, médicos, enfermeiros, logopedas, fisioterapeutas, traballadores sociais e coordinadores de voluntariado.

Precisamente foi o tema do voluntariado o que máis captou a atención do noso alumnado, resaltando a súa importancia e as moitas maneiras en que os nosos estudantes de TCAE poden colaborar coa AECC: acompañamento de persoas oncolóxicas no domicilio e o hospital, acompañamento a través de redes sociais e atención telefónica, traslado de material a domicilio e participación económica a través de donativos, entre outras.

 

Share this Post