Cáles son as vantaxes da formación profesional dual?

/ Xuño 13, 2016/ Noticias

A reforma educativa aposta por una formación profesional dual. Esta mestura o aprendizaxe no aula coas prácticas en empresas e unha beca salario pra os estudantes. Esta alternativa presentouse para afrontar as altas taxas de paro xuvenil, e pra iso tomáronse modelos centroeuropeos como o de Alemaña.

study-1231396_960_720

En que consiste?

Os alumnos dunha formación profesional dual, cursan un terzo das clases no centro e dous terzos nas empresas, onde realizan prácticas a vez que perciben unha beca que anda polos catrocentos euros.

Ata o de agora, cando se finalizaba o FP contemplábase un período de tres meses de prácticas a finalización dos estudos. A implantación do FP suporá una serie de cambios e novidades. Primeiramente, o alumno irase familiarizándose co entorno laboral dende o comezo da súa formación académica. Isto permitiralle tomar contacto, e aprender nun entorno laboral real.

A cambio das labores realizadas nas empresas, o alumno recibe unha beca (que rolda os 400€).

Para poder acollerse a un FP dual, os estudantes deben firmar un contrato de traballo de formación e aprendizaxe na empresa, onde contarán con un titor que supervise a súa evolución continua.

Son todo vantaxes?

A principal desvantaxe coa que conta o FP dual e a propia beca, xa que os alumnos corren o risco de converterse en traballadores con un salario precario. Polo que as administracións e os centros deben supervisar e controlar que estas situacións non se produzan, protexendo sempre os alumnos.

Outra desvantaxe e que para garantir a continuidade de este programa, e imprescindible que as empresas estean dispostas a sumarse a esta iniciativa e firmen convenios de colaboración cos centros. Como os acordos cos que conta a EFA con un grán número de empresas do entorno.

 

Share this Post