
Para adquirir as competencias dos ciclos formativos, A Cancela inclúe unha metodoloxía dual no seu plan de formación, desenvolvendo en cada trimestre un PROXECTO EMPRESA-AULA (Training en empresas), que facilita a aproximación real do alumno á empresa cara a potenciar a súa futura empregabilidade.
Trátase dun proxecto que asocia a formación teórico-práctica impartida nas aulas e talleres do centro coa formación práctica e de investigación que se obtén a partir de breves estancias nas empresas.
Nesta iniciativa, enmarcada dentro das actividades complementarias, o alumno visita durante unha semana ao trimestre unha empresa, da que terá que facer un informe; neste tempo observa, pregunta, busca información e, se é posible, fai algunha actividade que lle encomenden nela.
A realización deste proxecto ten tres fases:
FASE 1: Traballo na aula co guión do traballo de investigación. Cada trimestre terá un contido diferente.
FASE 2: Estancia na empresa durante unha semana para investigar e elaborar o traballo.
FASE 3: Conclusións e posta en común na aula. Os alumnos terán que expoñer o resultado da investigación e da experiencia.
Os obxectivos que se pretende obter co PROXECTO EMPRESA-AULA son relevantes:
- Estudo do medio e da súa realidade: coñecer máis de cerca a profesión que escolleron.
- Favorecer e axudar a investigar.
- Posta en práctica das actitudes que o mercado laboral esixe dun bo profesional.
Neste curso 2018/2019 os proxectos programados serán os seguintes:
1º CURSO DE CM DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA:
- Trimestre: “Acercamento á empresa”
- Trimestre: “Funcionamento da empresa: produto ou servizo”
- Trimestre: “Recursos Humanos, aprovisionamento e servizos loxísticos”
1º CURSO DE CS DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
- Trimestre: “Primeiro contacto coa empresa”
- Trimestre:”Departamento de administración”
- Trimestre: “Atención ao cliente”
1º CURSO DE CM DE PANADERÍA, REPOSTERÍA E CONFITERÍA
No primeiro trimestre non farán estancia en empresa, senon un traballo de campo visitando varias empresas en dous días, e será o seguinte:
- Trimestre: “Estudo das Panaderías e Pastelerías do entorno”
- Trimestre: non haberá
- Trimestre: “Sistemas de traballo”
2º CURSO DE CM DE PANADERÍA, REPOSTERÍA E CONFITERÍA
Só se fará, neste curso, no primeiro trimestre
1º Trimestre: “Estudo do sistema de produción e planificación do traballo”.