Sesión sobre doazón de órganos e tecidos na EFA A Cancela
Hoxe por ti, mañá por min.
O pasado 26 de marzo, a EFA A Cancela recibiu ao Doutor Lucas Lage Cendón, coordinador de Transplantes do Hospital Álvaro Cunqueiro, e a Carlos Sánchez Montes, presidente da asociación DETRADI e paciente transplantado. Impartiron unha sesión formativa aos estudantes do Ciclo Formativo de Grao Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE), o primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, e o Ciclo Formativo de Grao Medio de Xestión Administrativa.
Os relatores Lucas Lage e Carlos Sánchez transmitíronnos a importancia da doazón de órganos, destacando que, a través deste acto, pódense salvar e mellorar a calidade de vida de moitas persoas, que dependen dun transplante para sobrevivir. Tamén concienciaron sobre a importancia de rexistrarse como doantes para que as nosas familias saiban que ese e o noso desexo no caso de falecer.
Dende a EFA A Cancela, queremos agradecer ao Doutor Lucas Lage e Carlos Sánchez, por ofrecernos esta charla tan interesante coma importante, outro ano máis.