Inauguración do III Fórum de Emprego EFA A Cancela

/ Novembro 20, 2024/ Noticias

Hoxe, 20 de novembro, tivo lugar a Inauguración do III Fórum de Emprego a cargo de José Manuel Alfonso, Alcalde de As Neves.

“Debedes aproveitar toda a formación que o centro vos ofrece”, destacou.

Continuamos a xornada con Amparo Rodríguez Ojea,xornalista de gran traxectoria con experiencia en radio e televisión.

“Linkedin e outras plataformas para a búsqueda de emprego”, foi o título da súa sesión.

Amparo destacou que “todos temos un talento que debemos explotar. Na procura de emprego debemos destacar ese talento para situarnos ante outros candidatos”.

Unha exposición moi amena coa participación dos nosos alumnos e conexión con videollamada con Ángela Brianes, consultora de comunicación e marketing.

A continuación Miguel Anxo Rodríguez López e

Cristina Correa Álvarez,

Subdirector Xeral e Delegada da Zona Sur de Galicia de Faro Facility Services e antiga alumna do noso centro, faláronnos sobre “Como prepararse para unha entrevista de traballo con éxito”.

Destacaron que “debemos sempre preparar adecuadamente a nosa entrevista de traballo, non improvisar.

Un entrevistador xa está a analizar ao candidato desde que entra pola porta”.

“Aproveitar a formación en valores e saber estar que a EFA A Cancela vos ofrece”, destacou Cristina.

Posteriormente Iván Pajarín, Ana Comesaña, Carolina Alonso e Óscar, antigos alumnos da EFA A CANCELA participaron nunha Mesa Redonda coa temática:

“Prácticas: como maximizar a experiencia”.

“O paso pola EFA A Cancela marcou un antes e un despois nas nosas vidas…tiñamos unha idea pero ás veces as circunstancias cambian e é importante adaptarse e progresar”.

Finalmente María Campo Costas Subinspectora de Traballo, tratou o tema sobre “Emprego público e desenvolvemento profesional”.

“A importancia de abrir opcións no mercado laboral para optar a unha estabilidade laboral”.

Hasta aquí a primeira xornada. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!

Share this Post