Visita de Estudos a Etiqueta Negra 2024 en Pontevedra

/ Novembro 19, 2024/ Noticias

A pasada semana os nosos alumnos do CFGM de Panadería Repostería e Confiteria tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo da gastronomía de alta calidade na feira gastronomíca Etiqueta Negra, un evento destacado en Galicia que celebra a innovación e a tradición dos produtos gourmet.

Durante esta xornada, os nosos estudantes coñeceron de preto os produtos máis innovadores da nosa contorna. Ademais de descubrir as tendencias e modelos de negocio emerxentes no sector, participaron en actividades e catas comentadas de especialidades locais, como tortillas de millo , produtos de pastelería artesanal, meles, viños etc. Tamén se beneficiaron das oportunidades de networking e os encontros profesionais, adquirindo unha visión única das esixencias e potenciais do mercado actual.
Grazas, Etiqueta Negra, por esta experiencia inspiradora que impulsa a formación dos futuros talentos en panadería e pastelería!

Share this Post