VISITA DE ESTUDOS A INDIANA

/ Novembro 14, 2024/ Noticias

Unha experiencia inesquecible!

O alumnado do 1º curso do CFGS de Educación Infantil,  tivo a oportunidade de visitar a Escola Infantil Indiana en Vigo. Con moito entusiasmo e cariño, Andrea amosounos as instalacións e explicounos a súa innovadora metodoloxía inspirada en Montessori, Reggio Emilia, ou o Movemento Libre,  tendo en conta aos cativos como os protagonistas da aprendizaxe,  a través dun acompañamento respectuoso.

Agradecemos a todo o equipo de Indiana por recibirnos tan cordialmente!

Como podedes ver nas imaxes, logo de visitar Indiana, dirixímonos a dous parques infantís preto, para facer unha análise dos mesmos, e como non, disfrutalos un pouco.

Share this Post