INVESTIGANDO O TRABALLO DOS TCAE NAS RESIDENCIAS DE MAIORES E OS CENTROS DE DÍA
O noso alumnado de Enfermería vive novas experiencias na empresa, realizando breves estancias en diversos centros sanitarios especializados no coidado de persoas maiores e no tratamento das demencias e outros trastornos.
Durante a semana do 11 ao 15 de novembro, o noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería cambiou a aula pola empresa nesta primeira estancia do curso organizada polo seu profesorado, contando coa colaboración dunha multitude de residencias de maiores e centros de día situados en As Neves, Ponteareas, Salvaterra, Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, Creciente, A Cañiza e Covelo.
Así, nestes intres están a executar o proxecto de investigación que deseñaron na clase baixo a supervisión do seu titor de curso e tendo en conta a materia propia do trimestre en todos os módulos.
O noso alumnado mergúllase así na realidade do mundo laboral sanitario, mellorando a súa formación e vivindo experiencias únicas que enriquecerán a súa FCT o vindeiro curso.
Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a amable colaboración de tantos profesionais e expertos responsables das empresas, sen os cales non sería posible esta parte imprescindible do noso plan formativo.