Elena Covelo compartiu a súa experiencia sobre o traballo diario do TCAE nas residencias de maiores a través dunha sesión formativa moi valorada polo noso alumnado

/ Novembro 7, 2024/ Noticias

Esta alumna da nosa primera promoción do C.F.G.M. CAE respondeu ás dúbidas e cuestión do noso alumnado, ao tempo que ofreceu un relato moi motivador.

O pasado 28 de outubro inauguramos o noso ciclo de sesión formativas deste primeiro trimestre coa visita de Elena, que iniciou a súa intervención cunha frase preciosa “A EFA cambioume a vida”. Tras relatar o seu traxecto fromativo na nosa EFA e a súa experiencia laboral posterior (nun centro de día e nunha residencia), Elena deunos a noticia de que continuará a súa traxectoria no sector, pasando a traballar en breve noutra residencia.

O noso alumnado puido aproveitar a sesión a fondo, escoitando atentamente os detalles do funcionamento deste tipo de centros, respondendo así a multitude de dúbidas que preparáramos, mediante dinámicas colaborativas, previamente á celebración desta sesión. A información de maior relevancia para a ocasión estaba directamente relacionada co conxunto de tarefas específicas que as TCAE desenvolven diariamente cos usuarios da residencia, destacando a importancia desta labor, a comunicación coas persoas usuarias e como se debe actuar ante situacións complexas (emerxencias sanitarias, condutas agresivas, etc.)

Elena fixo un bo traballo, ademáis, ao transmitir cal é a experiencia vital e emocional dunha auxiliar de enfermería que traballa neste eido do sector sanitario, destacando a necesidade de realizar un traballo de calidade: “Temos que ser responsables e ter dous dedos de frente. É imprescindible que sexamos serios co noso traballo”.

Esta modélica TCAE rematou a sesión cuns consellos para que o noso alumnado aproveite a semana de estancias en empresas (residencias e centros de día) que terá lugar do 11 ao 15 de novembro: “Aproveitade a estancia para coller soltura, non vos limitedes a observar desde a porta das habitacións. Sempre cun sorriso. Deixemos felices ás persoas usuarias co noso bo traballo”.

Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a Elena Covelo a súa dispoñibilidade e calidade humana, fundamentais na transmisión da súa experiencia ao noso alumnado.

Esta sesión formativa incluiuse na programación horizontal do noso Ciclo de Enfermería como parte do Proxecto Empresa – Aula, que neste trimestre se centra no traballo dos TCAEs en residencias e centros de día.

Share this Post