Visita a escola unitaria Rubiós

/ Abril 20, 2021/ Noticias

A semana pasada, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil visitou a Escola Unitaria de Rubiós, en dous grupos. Da man de Patricia,  a mestra que está ao cargo dos 13 nenos e nenas cos que actualmente conta a escola, puidemos acceder a ela sen a presenza dos menores, por medidas de seguridade  Covid.

Patricia ensinounos as instalacións, a horta coa que traballan a través do Proxecto Monte  na  Escola (coa axuda dos pais e nais da escola), a aula polivalente, e a aula principal, na que desenvolve o seu propio proxecto, a través dos recunchos de aprendizaxe, o traballo cooperativo e a aprendizaxe por proxectos, de maneira creativa e enxeñosa.

Moitas grazas Patricia por acollernos e mostrarnos a paixón, ganas e  entusiasmno coas que desenvolves o teu traballo diario, e a túa plena dedicación aos pequenos.

Share this Post