Visita ao centro da empresaria e antiga alumna Begoña Alonso

/ Abril 21, 2021/ Noticias

O pasado xoves tivemos a sorte de contar coa presenza de Begoña Alonso, antiga alumna da  EFA e actual xerente de dúas empresas relacionadas coa formación e o ámbito da educación infantil, e que actualmente teñen presenza na Coruña, Lugo e Pontevedra, traballando con diversos concellos, entre eles o das Neves.

A través da súa experiencia como mestra e emprendedora, Begoña explicounos os seus inicios no mundo empresarial, os riscos que iso conleva, e sobre todo as vantaxes que para ela supón traballar por conta propia. Explicou os trámites para crear un negocio, as calidades que cre debe ter un educador infantil no seu traballo con nenos e nenas, o que persoalmente valora nunha entrevista inicial cun candidato, e apelou ao esforzo, a constancia,  a responsabilidade e por suposto aos valores que nos axudan a ser mellores persoas,  para conseguir calquera cousa que un se propoña na vida.

Deixámosvos o  link das empresas: Órbita Infantil e Servicios Integrales de Formación

http://orbitainfantil.com/

https://www.facebook.com/orbita.infantil.7

https://sifservicios.com/

https://www.facebook.com/Servicios-Integrales-de-Formaci%C3%B3n-499074226830482/?ref=bookmarks

¡Moitísimas grazas, Begoña!

Share this Post