MenteNatura, axuda a combater as secuelas da situación COVID no ámbito psicosocial

/ Abril 5, 2021/ Noticias

Con MenteNatura, pretendemos axudar a combater as secuelas da situación COVID no ámbito psicosocial (unha parte importante da función de promoción da saúde do noso gremio), servíndonos para iso do noso ambiente natural e aproveitando para concienciar e transmitir valores de respecto ambiental:

https://instagram.com/gira.mentenatura?igshid=h1v152o0id3h

https://www.facebook.com/MenteNatura-107704364729428/

https://mobile.twitter.com/mentenatura

 

As accións concretas que planificou o alumnado de Enfermería están agrupadas en 4 categorías, sendo desenvolvidas por 4 equipos:

“Apadriñemos un avó”, unha rede de apoio voluntario ás persoas maiores que sofren maior soidade.

“Acción comunitaria: actividades presenciais no medio”; o seu obxectivo é axudar a que os nenos regresen á normalidade nunha situación post- COVID a través do fomento dunha relación máis estreita coa natureza, empregando para iso accións moi concretas.

Acción educativa na contorna comunitaria consiste nunha serie de actividades que teñen como obxectivo primordial a concienciación sobre a importancia de preservar o medio natural.

Impacto a través das redes sociais; empregaremos as redes sociais como instrumento para dar a coñecer as actividades realizadas nos puntos anteriormente mencionados e para promocionar a concienciación ambiental na nosa contorna.

Share this Post