O ALUMNADO DE INFANTIL VISITA O MELGA

/ Maio 30, 2024/ Uncategorized

Outro ano máis non podiamos finalizar o curso sen visitar o Museo Etnolúdico de Galicia, MELGA, situado en Ponteceso, a vila natal de Pondal. Alí recibiunos moi amablemente co mellor dos seus sorrisos, e contaxiándonos da súa alegría, Ricardo Pérez y Verdes. O museo ofrece unha visión dos xogos e dos deportes tradicionais como dunha viaxe no tempo se tratase, desde a prehistoria, ata a actualidade. O alumnado puido descubrir e practicar moitos deles, coñecendo así o rico que é o noso patrimonio lúdico galego, e o importante que é a súa conservación e divulgación.

Estamos moi agradecidas coa visita, e desexamos que pronto conte con máis persoal e poida abrir máis salas expositivas.

Moitas grazas, Ricardo!

Share this Post