VISITA DE ESTUDOS AO MUPEGA

/ Xaneiro 22, 2024/ Noticias

O alumnado do 2º curso do CFGS de Educación Infantil  visitou o MUPEGA, “Museo Pedagóxico de Galiza”. O museo está conformado por dúas plantas. Na primeira coñeceron o mundo infantil (infancia, xogos e xoguetes), as escolas de americanos, e a aula da Transición. Na segunda planta observaron o cambio da educación a través das aulas do tempo, e mergulláronse nas escolas do ferrado, na restauración borbónica, aquelas da Segunda República e a dictadura franquista.

Unha visita guiada verdadeiramente enriquecedora.

Share this Post