Visita ao Ciclo de Infantil de María González Mandado, directora das Escolas Infantís Lúa en Vigo

/ Novembro 6, 2020/ Noticias

Esta semana visitou o Ciclo de Infantil María González Mandado, directora das Escolas Infantís Lúa en Vigo. María explicounos como é o día a día na escola, o protocolo COVID que seguen, as actividades e a variedades de materiais cos que traballan, a organización dos espazos (sempre seguros e adaptados), e o tempo.

Falounos da importancia das rutinas cos cativs para que se sintan seguros e sexan autónomos, e o traballo coas emocións a través das dramatizacións, dos contos e das imaxes.

María transmitiunos a súa paixón pola profesión, e o máis importante, deixounos con ganas de seguir aprendendo día a día para ser mellores profesionais e persoas.

Moitas grazas María!

 

Share this Post