Visita ao centro de Educación Especial San Xerome Emiliani

/ Marzo 27, 2025/ Noticias

Os alumnos do CM de 🩺Coidados Auxiliares de Enfermería e do CS de 🎒Educación Infantil acoden ao centro de Educación Educación Especial San Xerome Emiliani

Visita ao centro de adultos San Xerome: unha Experiencia Enriquecedora ✨📢 Hai uns días, as nosas alumnas de TCAE tiveron a oportunidade de visitar a área de adultos, onde realizamos prácticas sobre mobilizacións de pacientes e exploramos a sala sensorial, así como se xestionan as medicacións dos pacientes. 💡 Mobilización e Coidado: Durante a xornada, puxemos en práctica técnicas de mobilización adaptadas ás necesidades dos alumnos e usuarios do centro, reforzando a importancia dun coidado seguro e respectuoso. 🌈 Explorando a Sala Sensorial Tamén visitamos a sala sensorial, un espazo deseñado para estimular os sentidos e favorecer o desenvolvemento cognitivo e emocional dos estudantes. Unha experiencia que nos permitiu comprender a relevancia destas contornas na educación especial. ❤️Os alumnos de Educación Infantil puideron realizar distintas actividades cos alumnos do centro de de E.E. 🙏 Agradecemos ao centro e ao seu equipo por acollernos e compartir o seu valioso traballo connosco. 📸 Non te perdas as imaxes da nosa visita!

 

Share this Post