Unha sesión sobre o instrumental cirúrxico e as funcións dos TCAE na área cirúrxica
O Doutor Iván Domínguez visita a nosa EFA
O pasado luns 10 de maio recibimos a visita do Doutor Iván Domínguez, cirurxán coa doble especialidade en cirurxía xeral e dixestiva e en cirurxía robótica, nas nosas instalacións do CM de Coidados Auxiliares de Enfermería. Deste modo, o noso alumnado recibiu información de primeira man sobre as funcións dos TCAE na área de cirurxía. Así mesmo, o alumnado poido complementar os seus coñecementos sobre o instrumental cirúrxico que están a estudar nas sesións teóricas e nas prácticas dos módulos de Hixiene do Medio Hospitalario e Limpeza do Material e Técnicas Básicas en Enfermería, observando o instrumental que o Doutor Domínguez tivo a amabilidade de traer a esta sesión.