UN COMPROMISO CO FUTURO RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA
O alumnado do primeiro curso do CS de Administración e Finanzas e os do CM de Coidados Auxiliares de Enfermería, tiveron unha interesante sesión impartida por Ángela Cortina, bióloga mariña que traballa na Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, sobre responsabilidade social corporativa.
Destacou a importancia crucial da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), é máis que cumprir coa lei; é un compromiso ético e voluntario co benestar da sociedade. Destacou as vantaxes da RSC, boa imaxen, empregados motivados, mellor valoración dos inversores, mellor valoración das administración…
Tamén fixo referencia ao Greenwashing: A trampa da falsa sustentabilidade
Ángela alertou sobre o “greenwashing”, unha práctica enganosa de aparencia de compromiso ambiental. Subliñou a importancia da transparencia e a verificación independente.
Dimensións da RSC:
- Dimensión ambiental: Prácticas sostibles para minimizar o impacto ambiental
- Dimensión social: Compromiso co benestar dos traballadores
A innovación é fundamental para lograr unha RSC efectiva, Ángela destacou proxectos sostibles, reciclaxe de redes e valorización de residuos.
A sesión contrastou o modelo de economía lineal (usar e tirar) co modelo de economía circular, que busca minimizar os residuos e maximizar o valor dos recursos
Para rematar expuso exemplos de innovación nas empresas que fai que teñamos un mundo máis sostible que contribúa a ter un compromiso co futuro.
Moitas grazas Ángela polo teu tempo e disposición