Tes algunha dúbida dos exames Cambridge?

/ Maio 20, 2016/ Noticias

union-jack-1328429_960_720

 

Hoxe en día, dominar o inglés e crucial para unha mellora das condicións laborais. Coma sempre, nunha entrevista de traballo, non basta con ter experiencia e ter coñecementos. O empregador ou entrevistador necesitará tamén dalgún documento que acredite que avalen esa información.

Os exames de Cambridge ESOL (English for Speakers of Other Languages) son recoñecidos a nivel mundial por empresas, universidades e axencias gobernamentais como unha proba de certificación que avalan o dominio do idioma.

Todos aqueles que se deciden a obter esta certificación deben presentarse ao correspondente exame, pero e entón cando as dúbidas nos asaltan. De contado veremos datos de interese que poden aclarar as túas dúbidas.

Algúns datos de interese sobre os exames Cambridge

  • A matriculación pode realizarse só nos períodos establecidos antes de cada unha das convocatorias, aproximadamente uns dous meses antes da celebración do exame. E ata dez días antes se o exame se fai por ordenador.
  • Unha vez matriculado para unha convocatoria, recibirase un email coa información das datas, horarios e lugar do exame, así como as claves de acceso para comprobar os resultados do exame e as normas especificas para a realización do exame. E importante ser consciente de que as datas do exame están fixadas pola Universidade de Cambridge, e polo tanto non se poden cambiar.
  • Cando acudas ao exame tan só tes que levar un lapis, goma de borrar, bolígrafo, o teu DNI (ou pasaporte) e a folla “Confirmation of Entry” que che foi remitida no email tres semanas antes do exame.
  • Podes presentarte tódalas veces que queiras ao exame, en caso de non aprobar a proba, pero de cada vez deberás abonar novamente a matricula.
  • Cando aprobes e recibas o email conforme recibimos o certificado procedente de Cambridge no centro, poderás vir a recollelo. E importante que o gardes a bo recaudo, xa que Cambridge non adoita a emitir duplicados dos seus certificados.
  • Os exames para cada nivel son independentes, e pódeste presentar o que máis che interese sen ter que superar os de nivel inferior.
  • As persoas con algunha discapacidade (audición, vista, motricidade…) poden acollerse a medidas especiais, pero antes de matricularse deben contactar coa Asociación Escola Rosalía de Castro para que valore a súa situación e poidan xestionar as medidas necesarias.

Estes datos sen dubida aclararán moitas das preguntas que che poidan xurdir. Pero se aínda che quedan dubidas, podes consultar as sección “preguntas frecuentes” na seguinte ligazón, onde tamén dispós dun formulario a través do cal consultarnos calquera outra dúbida. 

Share this Post