Beneficios del coaching en la formación profesional

/ Maio 18, 2016/ Noticias

 

O coaching é unha disciplina fundamental pra adecuada adaptación dunha persoa dentro dos múltiples cambios que se suceden no día a día dentro das empresas e organizacións.

teacher-1280966_1920

O adestrador ou coach debe posuír a suficiente experiencia e a axeitada formación profesional pra transmitir os seus coñecementos ao coachee ou adestrado. Ademais, o coach debe contar tamén con un bo equlibrio emocional e persoal, de forma que facilite o intercambio de coñecementos cos seus alumnos.

A implantación do coaching proporciona grandes vantaxes tanto para a organización como para as persoas formadas. As seguintes seis vantaxes son as máis notorias:

1.                 Xerador de confianza

A disciplina do coaching axuda as empresas e organizacións a xerar confianza e entusiasmo.

2.                 Renovación da mentalidade da empresa

A aprendizaxe organizacional xerada polo coaching permiten as empresas trocar as vellas estratexias por unhas novas máis efectivas, adaptadas a situación actual.

3.                 Desenvolvemento de capacidades

O coach conta con unha adecuada formación profesional que lle permite desenvolver habilidades pra xerar procesos de transformación que axuden a mellorar as capacidades e destrezas dos membros da mesma empresa.

4.                 Proporciona adaptabilidade as empresas

O coaching organizacional proporciona as empresas coñecementos para afrontar noves retos e crises, xa que o fluxo de coñecementos e habilidades non discorre unicamente desde o coach ao coachee, senón que que e máis ben un intercambio entre a experiencia cualificada do coach e os coñecementos actualizados e recentemente adquiridos do coachee.

5.                 Facilita o crecemento da empresa

Este intercambio de coñecementos e experiencias, posibilita unha mellora constante da calidade e efectividade do desenvolvemento organizacional. Xa que as ferramentas proporcionadas ábrenlle as empresas novas oportunidades para crecer e expandirse.

6.                 Moito máis ca vantaxes económicas

Ademais dos beneficios económicos pra empresa, o coaching fai que a presenza do coach incorpore técnicas e imparta coñecementos a os lideres dos equipos de traballo da organización, pra que as súas competencias profesionais repercutan en accións positivas de cara a mellorar a actividade da empresa, logrando resultados mais que favorables.

 

Combinar a formación profesional cun adestramento de coaching empresarial, proporciona ao alumno un primeiro contacto co mundo laboral a vez que recibe a experiencia do coach e aprende e comprende as dinámicas internas da empresa.

 

Por tanto, estas dez razóns permitiranche ser consciente da importancia de aprender inglés, e das vantaxes que te ofrece tanto no ámbito persoal coma no ámbito laboral.

Share this Post