Sinerxias de aprendizaxe: Doces tradicionais de Melide e Requeixo de As Neves

/ Abril 16, 2021/ Uncategorized

O pasado mércores tivemos na escola unha  masterclass dirixida polo mestre pasteleiro Alberto Rodríguez, presidente da Asociación Melide Terra Doce -o colectivo local de reposteiros.

Partimos dunha charla introdutoria sobre a importancia da calidade e orixe da materia prima a empregar nestas tradicionais elaboracións:   Melindres, Ricos e  a

Amendoados, os tres doces artesanais que identifican a repostería local.

A segunda parte  foi a aplicación técnica do proceso de elaboración partindo sempre do valor engadido que achega o traballo artesanal.

A última parte do curso  foi a sinerxia entre produtos da nosa contorna como é o  Requeixo aplicado a pratos innovadores nos que demos un lugar para incorporar o rico, o  melindre e o  almendrado.

Desta sinerxia saíron pratos como:

Peras ao viño con  amendoado  e esferas de  Requeixo,  Panacota de  requeixo con  xelé de cenoria – paixón con terra de rico,  torrada cremosa de  requeixo con nube de limón e  amendoado, ou xeado de  Requeixo con  chutney de amorodos e terra de rico, etc unha chea de propostas que realizaron os alumnos de pastelería que tiveron a honra hoxe de traballar baixo a batuta do mestre Alberto. En resumo unha oportunidade de innovar e apostar pola tradición da repostería máis auténtica da nosa terra.

Share this Post