Sesión formativa da mesta Marta Estévez do colexio Divino Salvador

/ Novembro 26, 2021/ Noticias

Educar con paixón

O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Educación Infantil recibiu a visita de Marta Estévez, mestra dende hai máis de vinte anos na etapa de infantil no Colexio Divino Salvador. Esta gran profesional transmitiunos dunha forma moi próxima, a importancia da paixón pola educación, o papel principal que ocupan as emocións nestas idades, e o vínculo para acompañar no crecemento dos máis cativos, así como o gran valor de traballar  cos pais e nais para crear unha gran familia que os acompañe  ao longo da vida. Por outra banda, coñeceron as metodoloxías máis actuais, experimentais e baseadas nas propias experiencias.

Moitas grazas por compartir tanta experiencia con nos!

Share this Post