Sesión con Patricia Prado, mestra de Infantil e Primaria da escola Infantil Kid´s Garden

/ Xuño 23, 2021/ Noticias

Onte tivemos a sorte de que Patricia Prado, mestra de Infantil e Primaria nos dera unha sesión sobre o seu traballo diario na Escola Infantil Kid´s Garden en Vigo, na que traballa dende hai moitos anos. A través do proxecto educativo “Optimist”, desenvolvense as capacidades dos cativos, e aséntanse as bases dos seus futuros aprendizaxes. Sinalounos as diferenzas entre as etapas educativas e o que traballar en cada unha delas, e rematou a sesión facéndonos partícipes de diversos obradoiros que ela mesma pon en práctica na aula.

Grazas pola tua xenerosidade!

Share this Post