Reunión de país primeiro trimestre curso 2024/25

/ Outubro 23, 2024/ Noticias

Fomentando Valores

Onte 22 de outubro, tivo lugar a primeira reunión trimestral cos pais. Neste importante encontro, uns dos temas centrais foi a importancia de fomentar o espírito de servizo no noso alumnado.

Durante a reunión, destacouse como o espírito de servizo non só é clave para o crecemento persoal, senon tamén para o desenvolvemento dunha sociedade máis solidaria e empática. A colaboración entre o centro educativo e as familias é esencial para inculcar estes valores que marcan a diferencia na formación profesional e humana do alumnado.

Grazas a todos os pais que asistiron, xuntos seguiremos formando cidadáns responsables e con vocación de servizo

Share this Post