Queres estudar panadería, pastelería e confitería?

/ Xuño 5, 2016/ Noticias

O mundo do pan e apisóante e crea dependencia, dende os procesos máis artesanais ata os máis industriais.

bread-821503_1920

Queres máis motivos para formarte no ciclo de panadería, pastelería e confitería?

Non hai nada que provoque tal satisfacción como ver medrar a túa propia masa nai día tras día, e así como empregala para facer saborosos pans artesanais e lograr a mellor presentación e sabor. Poderás aprender receitas internacionais como a do Gugelhupf de orixe centroeuropea e curiosidades sobre o seu orixe.

Pero non só de pan vive o home. As competencias que poderás adquirir coma técnico de pastelería e gastronomía son moitas e moi variadas:

  • Elaborar e presentar produtos de panadería, repostería e confeitaría
  • Conducir as operacións de produción, composición e decoración
  • Coñecer a lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de proteción ambiental e de prevención de riscos laborais
  • Marketing culinario
  • Packaging de produtos gastronómicos

E sen dubida unha profesión para aqueles apaixonados da gastronomía, e dos que prestan atención o detalle para garantir a satisfacción dos clientes, pero sobre todo da propia satisfacción por un traballo ben feito.

A que postos de traballo poderás acceder?

Aínda que non o creas esta profesión ábreche multitude de opcións laborais, para que te formes unha idea aproximada, poderás traballar de:

  • Pasteleiro/a
  • Panadeiro/a
  • Pizzeiro/a
  • Xeadeiro/a
  • Na elaboración de pasteis
  • Confeiteiro/a
  • Reposteiro/a
  • Turroneiro/a
  • Elaborador de caramelos e doces
  • Elaborador/a de produtos de cacao e chocolate
  • Galleteiro
  • Pastry chef ou pâtissier

 

Queres estudar panadería, pastelería e confitería? Si, quero formarme!

Share this Post