III XORNADAS SOBRE AUTISMO E TDAH
A nosa Escola asistiu ás III Xornadas sobre Autismo e TDAH (Trastorno de déficit de atención e hiperactividade) celebradas na Cañiza durante os días 3 e 4 de xuño.
Estas xornadas foron desenvolvidas por grandes profesionais do sector:
- Alfonso Amado Puentes, Neurólogo Infantil do Hospital Álvaro Cunqueiro que explicou os “Trastornos de neurodesenrolo: ¿xenética ou ambiente?”
- Beatriz Pinal, Psiquiatra da Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do Hospital Álvaro Cunqueiro: “10 mitos e realidades actuais do TDAH e do TEA”.
- Directores Técnicos, psicólogos e profesores de BATA, Escolas Infantís, de Primaria e Secundaria.
- José Raposeiras Correa, integrante do EOE de Pontevedra: “Integración vs Inclusión . A atención á diversidade dende os centros educativos”.
- Alcalde de A Cañiza D. Miguel Domínguez Alfonso.