Qué perfil profesional demandan para a súa xestión empresas como Pérez Rumbao?

/ Novembro 4, 2019/ Noticias

A recente visita dos alumnos dos ciclos de Administración a un dos concesionarios mais prestixiosos, referente do sector automovilístico en Vigo, Pérez Rumbao, deixou unha gran impresión nos estudiantes.

Voltaron con moitas preguntas respostadas, moita información sobre qué demandan as empresas de éxito dos seus empregados, e profundamente agradecidos pola atención e otrato recibido, tanto por parte do responsable de Administración, Manuel Barciela, como do xerente e outros empregados de diferentes departamentos.

Durante a visita fixeron un percorrido pola empresa.

 

No concesionario da Audi asistiron a unha pequena simulación de cómo deben facer unha venda

e por último recibiron, na sala de xuntas, como se fosen uns empregados mais, unha charla sobre o cometido habitual no seu traballo e as pautas básicas de cara ó mercado laboral.

 

Share this Post