Novo curso de panadería e repostería con certificado de profesionalidade

A iniciativa -que conta co apoio, e a axuda ós participantes de tres institucións públicas de emprego- ofértase a todos os desempregados que teñan un certificado de ESO ou similar, e se anoten na oficina de emprego de Ponteareas.

A cambio, ofértase un curso con certificado de profesionalidade, de 548 horas de duración (entre as datas do 2 de decembro ó 4 de xuño), gratuito e con beca de desprazamento.

A selección previa terá lugar na sé da EFA (Tortoreos s/n, As Neves) o vindeiro luns 25 de novembro, ás 10 da mañá.

Para mais información, podedes dirixirvos ó teléfono 986 64 82 50 ou na propia A Cancela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *