Proxecto o monte na escola: “Plantas comestibles no noso entorno”

/ Abril 13, 2021/ Noticias

Os Alumnos do ciclo de Panadería, Repostería e Confitería participaron esta semana no proxecto: “O Monte na escola” actividade coordinada polo Concello das Neves e que ten como directora do proxecto a Alejandra González.

O fundamento deste  traballo colaborativo consiste en ofrecer aos alumnos da rama de Industrias alimentarias, neste caso ao Ciclo de Panadería, a oportunidade de observar, identificar, interactuar coas plantas comestibles do noso entorno.  Dende a escola parécenos importante iniciar aos nosos alumnos e futuros profesionais da gastronomía na toma de conciencia sobre a preservación das plantas, como parte do noso patrimonio natural, culinario, cultural, científico, histórico, artístico e turístico; xerar inquietudes vinculadas co espazo social e natural do noso entorno rural.

Concretamos os Obxectivos do proxecto como:

Coñecer as características das plantas comestibles do noso entorno para poder aplicalas na medida do posible nas elaboracións culinarias que elaboramos no noso traballo profesional gastronómico, aportando a nosa formación á incorporación de novos sabores, aplicacións na decoración e estética dos platos e aporte nutricional.

Dar a coñecer aos alumnos unha fonte de entretenimento saudable na recolección e un maior aprecio polo medio ambiente.

Destacamos como contidos conceptuais e procedementais:

1-.Identificación.

2-.Sistema de clasificación.

3-.Normas a seguir para a recolleita.

4-.Formas de conservación.

5-.Estudo do empleo culinario.

Importantes tamén os contidos actitudinais: Crecemento e desenvolvemento óptimo das cualidades organolépticas : visual, auditiva, táctil e olfactiva.

Respeto e valoración pola diversidade e organización do ambiente. Aproveitaremos o roteiro para retirar basura do entorno que visitemos.Reflexión sobre o realizado.Traballo colaborativo nun ambiente social e natural.

TEMPORALIDADE DO PROXECTO.

1ª SESIÓN: LUNS 22 DE MARZO (9:15 a 10:15). Tivemos unha charla introductoria para coñecer o proxecto liderado pola directora do proxecto: Alejandra González.

2ª SESIÓN XOVES 25 DE MARZO )(9: 10 a 14:30)Disfrutamos co “Roteiro da búsqueda de plantas comestibles” e visitamos o Hotel da natureza Nande,liderado pola directora do proxecto: Alejandra González.

3ª SESIÓN VENRES 26. OBRADOIRO DE COCIÑA CON PLANTAS COMESTIBLES: Traballamos coas plantas recolectadas elaborando platos diversos tanto doces como salgados:

Crema de “collejas, extrugas, borraja e cabaza”.

Hamburguesa de extrugas e pan vegano.

Tortilla de maruxa e chourizo.

Tortitas de mentrasto e calabacín.

Ensalada con vinagreta de trébol e flores de viborera, extruga morta e queixo de cabra.

Empanada de llantén, borraja e atún, brazo de gitano recheo de crema de fiuncho, e pan de millo con caldo de extrugas e fiuncho.

En conclusións decir que foi unha bocanada de aire fresco e de ledicia poder disfrutar nestes momentos que vivimos esta actividade que de seguro non esqueceremos polo ben aproveitada e disfrutada!

Share this Post