PRESENTACIÓN DO CONTO SOÑA COMO ARELA
O alumnado do 2º curso do CFGS de Educación Infantil recibiu a visita de Sara Alonso, mestra de Audición e Linguaxe e doutorada na Universidade de Vigo, para a presentación do seu primeiro libro. Foi una presentación chea de emocións, sorpresas e feita con moito agarimo.
Soña como Arela é un conto marabilloso no que a protagonista, xunto ás sementes ilusión, emprenden unha viaxe chea de aventuras para poder cumprir o seu soño.
Grazas Sara por transmitirnos o teu entusiasmo, ganas, fortaleza e constancia nun mundo tan apaixonante como é o da educación.
Esperamos con ansia o segundo!❤️