PRÁCTICAS DOS ALUMNOS EN EMPRESAS DE ADMINISTRACIÓN

/ Maio 26, 2015/ Uncategorized

O Ciclo superior de Administración e Finanzas e o Ciclo Medio de Xestión Administrativa están dende abril ata finais de xuño facendo as prácticas en empresas relevantes da zona con unha xornada de 8 horas diarias.

ALBERTO EN ABM EVA EN PANELSHIP FERNANDOEstán realizando tarefas, orientadas e supervisadas polo titor da empresa, en distintos departamentos como pode ser o contable-financeiro, o de Recursos humanos, o comercial … e así contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais destes títulos que se alcanzaron no centro educativo, ou a desenvolver actividades de difícil realización no Centro.

Agradecemos a colaboración das empresas por ser activas na formación do alumnado. A relación de empresas que acolleron á alumnos neste período son as seguintes:

  • Graniteiras:

-Granitos Morgadanes, SL

-Euro CKP, SA

-Blokdegal, SA

  • Financeiras:

-Abanca Corporación Bancaria, SA

  • Automoción:

-Viza Automoción, SA

-Gestamp, SA

  • Asesorías/Xestorías:

-Asesores do Baixo Miño, SL

-Asesores Técnicos Mercantiles, SL

-Aserco Ponteareas,CD

-Xestoría Represas

  • Outros servizos:

-Mascato, SLU

-Grupo Star, SL

-Darlim, SL

-Panelship, SL

-Duatel Asesoramento de Telecomunicacións, SL

-Online Marketing Factory,SL

 

Share this Post