OS NOSOS FUTUROS AUXILIARES DE ENFERMERÍA ACTÚAN NO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE COLON

/ Marzo 31, 2022/ Noticias

O alumnado do noso CM de Coidados Auxiliares de Enfermería contribúe á concienciación sobre o cancro de colon no Día Mundial Contra este tipo de cancro.

Para conmemorar este día e aportar o noso esforzo a promover a concienciación sobre este tipo de cáncer que cada vez afecta a xente máis nova, o noso alumnado realizou unha actividade no módulo de Promoción da Saúde e Apoio Psicolóxico ao Paciente.

Celebrouse unha sesión de preparación na que se proxectaron 4 vídeos médicos sobre o tema, traballouse o texto “Por que hai un aumento rápido no cáncer colorrectal nos adultos novos?” e realizouse unha explicación e debate sobre o tema.

A continuación, o profesor dividiu á clase en dous equipos de traballo. Un deles preparou unha presentación oral para promocionar este tema nas aulas do noso Centro (método directo de educación sanitaria). O outro, diseñou, guionizou e rodou un vídeo de concienciación sobre o tema (método indirecto de educación sanitaria).

Así, poñendo en acción un elemento básico do temario do módulo, contribuimos á promoción da saúde e á concienciación social sobre este tipo de cancro

 

 

Share this Post