Orixinais e doces propostas compiten polo éxito no II Concurso de Receitas con Requeixo das Neves
Esta tarde celebramos na EFA A Cancela o II Concurso de Receitas con Requeixo das Neves, con axuda dun xurado de excepción composto por Fran Sotelino (presidente), Alberto Felix Traversa, Brígida Hermida, Marco Varela e Francisco Manuel Branco Garrido.
Entre os pratos que idearon os nosos 12 finalistas houbo moitas propostas innovadoras:
Fondant de choco con interior líquido de Requeixo, a cargo de Tamara.
Prato “cristal” de cremoso chocoblanco con babaroise de fresa e terra de pistacho de Rutt
Unha sorprendente evolución do famoso prato portugués “Baba de Camello” neste caso versionado con gelificado de mandarina e maracuyá, realizado por Miguel
Ou unha proposta moi lixeira, en forma de espuma de requeixo con xeado de vinagre e frambuesas elaborado por Camila.
Para clausurar asistiron os patrocinadores e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, que elogió o bo facer dos alumnos e o nivel dos pratos.
Este venres coñeceremos o veredicto no pregón da Feira do Requeixo da man do chef Ivan Domínguez do restaurante Nado da Coruña.
Quédanos agradecer á organización da Feira do Requeixo das Neves a confianza depositada na Cancela como escenario deste concurso e ao noso alumnos pola súa participación e traballo… ¡Sorte a todos!
Alumnos participantes de escolas de hostelería galegas e portuguesas:
Inés Carballido Rodríguez
Anxo Márquez Canzoneri
Miguel Cerviño Coello
Tiago Filipe Esteves Caldas
Rut González González
Tamara Vázquez Pedreira
Ismael Agra Branco
María Camila Lucio Ríos