Obradoiro de regulación emocional

/ Decembro 7, 2021/ Noticias

Esta pasada semana, o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, asistiu a unha sesión formativa sobre regulación emocional e apego, impartida pola psicóloga Pilar Tato Salgado, propietaria, xunto con Begoña Rial Calvo, do Centro de Psicoloxía Aquelar situado en Santa Comba.

Pilar axudounos a entender os diferentes tipos de apego que se inician na infancia, e a súa posterior repercusión na idade adulta. Posteriormente, fixemos un taller sobre regulación emocional, para poder axustar o que facemos con aquilo que sentimos. Primeiro debemos comprender como funcionan as emocións, e conectar co que nese momento estamos a sentir.

Aprendemos con ela que tanto as rumiacións (estar constantemente dándolle voltas a acontecementos do pasado), e as preocupacións, non son bos aliados para unha adecuada xestión emocional, e que todas as emocións son útiles para a vida, polo que non debemos negar nin rexeitar ningunha delas.

Moitas grazas por todo, Pili!

Share this Post