NADAL COS NOSOS MAIORES

/ Decembro 21, 2023/ Noticias

Para rematar as celebracións desta semana, o alumnado do CFGS de Educación Infantil, elaborou postais de Nadal personalizadas para os maiores do Centro de Día de As Neves. Foi moi bonito e gratificante entregarllas en man e cantar con eles panxoliñas. Non podemos esquecer que estas datas son para abrir o noso corazón e agrandalo con aqueles que o necesiten.

Moitas grazas ao Centro de Día de As Neves por acollernos.

Bo nadal!

Share this Post