Masterclass de Bulanxeri para aprender a facer bollería sa e rica

/ Marzo 30, 2019/ Noticias

O mestre Jaques Isaac Abergel (un dos socios propietarios da Panadería Bulanxeri, de Santiago de Compostela) foi quen de impartir a derradeira masterclass vivida no obrador da Efa A Cancela.
Nesta quenda foi o turno da bollería hojaldrada e dos croissants, especialidades nas que a Bulanxeri -onde practican a panadería basada na tradición francesa- son toda unha referencia en Galicia.
A actividade truxo dúas alegrías a As Neves.
Por unha banda, a volta ás aulas de A Cancela de Iria, antigua alumna do Ciclo de Panadería e actual  compoñente do equipo Bulanxeri, que é a proba viva das saídas profesionais exitosas deste ciclo.
A outra, a posibilidade de coñecer e experimentar o delicado proceso de elaboración destas pezas.
Os alumnos quedaron abraiados de vivir o traballo tan preciso co hojaldre, que ten como resultado unhas pezas aireadas, crujientes e cun sabor incrible. froito do traballo ben feito e da selección dunhas materias primas -tanto harinas coma mantequillas, ovos, etc.- de grandísima calidade.

 

Share this Post