LUZ PAZ EN EFA A CANCELA

/ Xuño 10, 2022/ Noticias

O alumnado do C.M. Coidados Auxiliares de Enfermería reciben unha sesión formativa sobre a labor dos TCAE na residencia de maiores.

Luz Paz, directora da residencia de anciáns Ximará, visitou EFA A Cancela para compartir co noso alumnado interesante información sobre as labores e tarefas que desenvolven os TCAE nas residencias de maiores. A directora destacou este perfil profesional como fundamental no traballo cos maiores, tendo gran importancia os coidados que ofrecen ao paciente xeriátrico. Por outra banda, comentou ao noso alumnado como afrontar a súa FCT a partir de Setembro, ofrecendo tamén pequenos consellos para a súa futura vida laboral

Share this Post