l Encontro Gastronómico A Cancela-CIFP Manuel Antonio de Vigo

Neste curso 2019-20 temos recén inaugurada unha actividade conxunta con institucións coma a nosa -de Formación profesional e das mesmas familias- destinada a intercambiar opinións, oportunidades e inquedanzas e dar un novo pulo ós aprendizaxes vitais dos nosos alumnos.
Con este espíritu vimos de organizar o I Encontro Gastronómico entre A Cancela e o CIFP Manuel Antonio de Vigo,cuxa primeira sesión tivo lugar na EFA das Neves.
Comezamos cunha cata de pan -enmarcada no estudo de mercado que estan facendo estes días en 1° do Ciclo de Panadería.
A continuación, os alumnos de 2° de Pastelería presentaron varias propostas doces a base de Viño de Rubiós e Requeixo dás Neves. E tivemos ocasión de escoitar de primeira man as novas propostas deste producto directamente de boca do xerente da Cooperativa do Requeixo, Alejandro Martínez, que presentou o III Concurso do Requeixo e Mel que se realizará con motivo da Festa do Requeixo 2020.
A xornada rematou ca visita ó muiño de Rubiós, unha cita que sempre sorprende gratamente ó público que ten a oportunidade de coñecelo.
Pero o intercambio non acaba aquí: nuns días devolverémoslle a visita e gozaremos, seguro, do seu bo facer e as súas propostas.Poñer en común entre colegas -futuros panaderos e pasteleros- aprendizaxes, coñecementos, intereses, preocupacións ou anhelos é unha forma xenial de aprender xuntos.
O noso recetario encheuse con propostas tan visuais e deliciosas coma esta: unha mousse de Requeixo cun glaseado brillante, un xeito de innovar empregando un producto artesán nun postre moderno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *