Actuar conforme o protocolo é un xeito seguro de facer as cousas ben

Esta foi unha das primeiras conclusións ás que chegou na súa sesión con alumnado do ciclo de Administración e Finanzas de A Cancela Cristina Cons, que traballa como coach axudando a centros educativos de toda España.

No intre en que estamos a vivir, coidar a imaxe que proxectamos no noso traballo diario, na nosa actividade social e nas redes é de vital importancia e pode supor un cambio nas condicións nas que accedemos ó mundo laboral.Tamén, o respectar as normas protocolarias que rexen en cada un dos sectores profesionais aos que nos diriximos na Formación profesional que imparte A Cancela; tanto en hostelería como no mundo da administración e das finanzas.
A presenza de profesores profesionais, alleos á actividade diaria na escola, pero expertos nos seus campos do saber, é constante na Cancela,e axuda aos alumnos a tomar o pulso real da empresa sen ter que saír da súa aula.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *