INNOVACIÓN, ECONOMÍA CIRCULAR E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

/ Maio 18, 2023/ Uncategorized

Ángela Cortina Burgueño, bióloga e secretaria técnica para a flota de larga distancia de ARVI-Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, visitounos este luns 8 de maio, para impartir unha sesión sobre Responsabilidadde Social Corporativa ao primeiro curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, incluída no proxecto Voz Natura.

O seu principal compromiso é mellorar o que di a lei; dirixindo as accións para mellorar socialmente, economicamente e ambientalmente. É de carácter voluntario. E os tres eixos son o planeta, as persoas e os beneficios sociais. O problema que se expón é o diñeiro, mentres que as vantaxes para as empresas son o márketing, impostos, empregados motivados e o investimento das Administrativas Públicas. Non se trata de Greenwashing ou pose ambiental, se non dun compromiso férreo de cambiar as cousas. O futuro está na innovación e na economía circular, que o produto sexa rendible, eficiente e sostible. Reducindo os residuos ao mínimo,
desfacéndonos da cultura de usar e tirar.

Todos nós, podemos contribuir a deixar o mundo un pouquiño mellor do que estaba.

Moitas grazas Ánxela pola túa sesión tan interesante que nos fai reflexionar para coidar un pouco máis o noso planeta.

Share this Post