II Xornada SemanaGastro
MICELIO TERAPIAS S.COOP. GALEGA. LOGOPEDIA, TERAPIA OCUPACIONAL E PSICOLOXÍA.
Micelio é unha Sociedade Cooperativa Galega sen ánimo de lucro, que desde o ano 2022 dedícase á intervención terapéutica a través de servizos sociosanitarios no medio rural. Sitúan o centro da intervención nas persoas, desde unha mirada holística e poñendo en valor a natureza e o rural como potencial para a intervención con elas. Danlle moito valor ao traballo en equipo e en rede, vindo de aí o seu nome, Micelio, que representa esa rede e, á vez, serve de metáfora pola súa similitude coas redes neuronais.
Cristina e Selene inauguraron a segunda xornada da IX Semana Gastrocultural organizada pola EFA A Cancela.
Para ambas, o camiño á excelencia non é fácil pero non hai que deixar de tentalo.
Traballan cun modelo de economía circular no ámbito social: enfoque no individuo, solidariedade ou servizo á comunidade son algúns dos seus piares.
A natureza e o rural son para elas un potencial de intervención terapéutica.
ESTRELLA LÓPEZ-PARDO PARDO.
Doutora Cum Laude en Medicina, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, con diversos posgraos en especialidades do medio sanitario, incluíndo aqueles referentes á súa administración e xestión.
Traballou como xerente do SERGAS, onde unha das súas prioridades foi reter o talento dos MIR e os médicos rurais. Tamén foi directora de planificación e reforma sanitaria e subdirectora de calidade e atención ao paciente, ademáis de realizar moitas outras achegas ao Servizo Galego de Saúde.
Estrela falounos dos novos retos e oportunidades do SNS: medir para mellorar.
Hai un reto na sustentabilidade, moitos factores para ter en conta como o cambio demográfico ou o aumento de enfermidades crónicas.
A Estratexia Galega de Saúde 2030 nace co propósito de establecer un marco de referencia para a transformación do ecosistema sanitario, aínda que Estrela destacou que a excelencia neste marco é un horizonte que nunca se consegue, con todo, sempre se está nese camiño, con ese obxectivo.
A dixitalización é un obxectivo paralelo importante; o SERGAS, é un referente en todo o sistema Nacional de Saúde en este e outros recursos que ofrece.
ELEVEN SCHOOL MONTESSORI BRITISH EDUCATION VIGO.
Cristina Pereira Cases empezou a súa intervención destacando que a excelencia non se basea nin no económico nin no académico.
“Hai que centrarse nas motivacións persoais de cada un, no que se destaca e no que lle gusta”.
O seu modelo de aprendizaxe céntrase no estudante; creando conciencia planetaria: respecto a un mesmo, aos demais e ao ambiente e danlle habilidades para a vida; axudar ao adulto que será mañá.
“Mente-mano-corazón” é un dos súas lemas.
No seu colexio ofrecen aos nenos desde moi pequenos Educación Financeira, de aí a súa asociación con Caterina Ruzza, presidenta do Comité de Educación Financeira.
Entenden a educación financeira como algo conductual porque cambia a forma de actuar das persoas en relación ás finanzas, protexernos dos imprevistos económicos e planificar.
LINA RÍO FERNÁNDEZ.
Como emprender con éxito?
Teño unha idea, que fago?
Unha vez que se decide emprender, infórmome das miñas opcións, dicíanos Lina.
Roberto Pérez Marijuán traballa con Lina axudándoa a mellorar na comunicación e a crecer profesionalmente.
Para montar o noso propio negocio, podemos optar a diferentes subvencións tanto públicas como privadas: IGAPE, Deputación ou Cámara de Comercio, entre outras.
www.sisubvenciones.com é un exemplo de páxina web onde nos podemos informar.
Para emprender debemos ter coñecementos, un plan de negocios, presenza dixital, adaptabilidade e unha rede de apoio así como facernos unha avaliación constante e ter paixón.
Hai que construír relacións que impulsen o éxito.
Debemos vestir acorde aos eventos, realizar unha escoita activa, manter unha actitude positiva, ofrecer axuda e ser xeneroso, claro e conciso na túa comunicación.
KCN, empresa de networking, ofrece ao emprendedor 4 piares para non caer: equipo, oportunidades de negocio (con oficinas tamén en EEUU), visibilidade e aforro de tempo.
JOSÉ LUIS CABARCOS CORRAL.
Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), adscrita á Consellería do Medio Rural e creadora do distintivo de calidade Artesanía Alimentaria, que continúa poñendo en valor as iniciativas que protexen ao sector agroalimentario.
Artesanía Alimentaria de Galicia é un selo de garantía que recoñece un importante labor artesanal no territorio e procura un sector estruturado en concordancia cos requisitos establecidos pola Unión Europea, protexendo o bo facer dos artesáns e defendendo a súa profesión fronte a etiquetaxes enganosas.
AGACAL leva a formación da Consellería, así como 38 selos de calidade de Galicia, máximo recoñecemento a nivel europeo.
Os selos de calidade representan un sector importantísimo situado no rural.
Luis destacou tamén que AGACAL ofrece multitude de subvencións para emprendedores.
E repetiu unha vez máis algo que soou durante toda a mañá, o capital relacional, é dicir, a axuda humana coa que podamos contar para emprender un negocio.
Esta nova edición da Semana Gastrocultural chega ao seu fin coas palabras do alcalde de As Neves, D. José Manuel Alfonso e de María de Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela.
Moitas grazas á Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de As Neves pola súa colaboración nesta última edición, unha edición ao nivel da excelencia.